A Xerencia de EMSO para as actividades desenvoltas de servizos de xardinería e limpeza viaria, estableceu unha Política de Calidade e Medio Ambiente baseada nos seguintes principios:
|
Manter e mellorar a Calidade dos traballos e servicios prestados, satisfacendo totalmente aos nosos cliente. |
|
|
|
Cumprir a lexislación vixente aplicable, tanto dende o punto de vista Medioambiental como outros requisitos que se establezan de forma interna ou coas partes interesadas. |
|
|
|
Proporcionar a formación adecuada aos nosos traballadores co fin de poder ofrecer un persoal cualificado para desenvolver as actividades comprendidas no noso Sistema de Xestión. |
|
|
|
Protexer o medio ambiente, incluída a prevención da contaminación que poida provocar a nosa actividade, na medida na que sexa posible e viable realizando as actividades de maneira que se minimicen os impactos ambientais, mediante o uso sostible dos recursos, a protección da biodiversidade e dos ecosistemas, establecendo obxectivos que os garanten, así como mellorar, co tempo, a nosa xestión. |
|
|
|
Fomentar a comunicación, tanto interna como externa cos nosos clientes asesorándoos para conseguir os mellores resultados nos servizos requiridos. |
|
|
|
Compromiso coa mellora continua e a seguridade da eficacia do noso Sistema de Xestión Integrado. |
|
|
|
Proporcionar aos nosos traballadores información sobre os impactos ambientais das nosas actividades, así coma os medios que sexan necesarios para previlos ou minimizalos. |
Esta política proporcionaranos un marco de referencia para establecer e revisar os obxectivos de calidade e medio ambiente. Así mesmo, dita Política, será revisada e modificada, se fose necesario, durante a Revisión do Sistema pola Dirección, a fin de garantir a súa adecuación.
A presente política de Calidade e Medio Ambiente será comunicada para o seu entendemento dentro da organización e será posta a disposición das partes interesadas.
Data: 31/03/2021
Asinado: Felipe Ovalle Pintor, Xerente