Emprego Social, S.L.U. é unha iniciativa da Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña "APEM" cuxa misión é promover a integración laboral de persoas con discapacidade. Somos un Centro Especial de Emprego de Iniciativa Social, polo que a contratación dos nosos servizos non só axuda á sustentabilidade do emprego dun colectivo vulnerable, se non que pode servirlle á súa empresa para o cumprimento legal da cota de reserva dun 2% dos postos de traballo a favor de persoas con discapacidade.
Desenvolvemos a nosa actividade empresarial centrada na prestación de servizos de xardinería e limpeza viaria, tanto pública como privada, e na produción en viveiro de planta ornamental e aromática, sendo provedores das principais empresas de xardinería e tendas especializadas da provincia da Coruña.