Emprego Social usa en su web cookies propias y de terceros con finalidades analíticas y estadísticas sobre cómo se usa su web y para mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias y basada en tus hábitos de navegación. Puedes aceptarlas todas pulsando “Aceptar”. Para más información y opciones para configurarlas o rechazarlas, pulsa en "Saber más".

   Saber máis - Aceptar.

VIVEIRO

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Emprego Social conta con máis de 15 anos de experiencia na produción e comercialización de plantas ornamentais de flor. Ademais nos últimos anos incorporamos a produción de planta aromática.

Para o desenvolvemento da actividade contamos con un invernadoiro de 1.500 m² de superficie, situado no Concello de Carral (A Coruña), onde producimos máis de 120.000 plantas anualmente.

O viveiro de Emprego Social naceu como unha nova liña de actividade dende o compromiso social da entidade, especializouse na floricultura de invernadoiro, centrándose na  produción e venda dunha ampla gama de plantas e flores, que abastece a florerías, tendas especializadas e empresas de xardinería, a prezos competitivos e socialmente xustos.

Entre os xéneros máis representativos de especies producidas nas nosas instalación destacarían as seguintes:


Plantas ornamentais: begonia, caravel, cineraria, crisantemo, delosperma, gazania, xeranio, hedra, lavanda, lobelia, lobularia, margarita, pensamento, petunia, surfinia, taxete e verbena.
   
Plantas aromáticas: cilantro, estragón, herba luisa, manzanilla, melisa, menta, orégano, perexil, romeiro, ruda, salvia, santolina, tomillo e valeriana.

 

En cumprimento da normativa en vigor, a empresa está inscrita nos correspondentes rexistros administrativos, tanto en el Rexistro de Produtores de Sementes e Plantas de Viveiro, como no Rexistro Oficial de Produtores, Comerciantes e Importadores de Vexetais, co número de inscrición ES11154071, para a emisión do pasaporte fitosanitario.

 

 

Emprego Social

Se es unha tenda especializada ou empresa de xardinería e desexas consultar o noso stock ou realizar un pedido, non dubides en contactarnos.