Emprego Social usa en su web cookies propias y de terceros con finalidades analíticas y estadísticas sobre cómo se usa su web y para mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias y basada en tus hábitos de navegación. Puedes aceptarlas todas pulsando “Aceptar”. Para más información y opciones para configurarlas o rechazarlas, pulsa en "Saber más".

   Saber máis - Aceptar.

QUE É UN CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO?

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Os Centros Especiais de Emprego (CEE) foi unha figura de emprego protexido creada por la antiga Lei de integración social das persoas con discapacidade, integrada no actual Texto Refundido da Lei Xeral dos dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, coa misión de favorecer a inserción laboral das persoas con discapacidade no mercado laboral.

O seu  obxectivo é realizar unha actividade produtiva, participando nas operacións de mercado, coa finalizade de asegurar un emprego remunerado para as persoas con discapacidade á vez que son un medio de inclusión do maior número destas persoas no réxime de emprego ordinario, prestando os servizos de axuste persoal e social que demanden as persoas traballadoras con discapacidade. A cadro de persoal dun CEE, a diferencia dunha empresa ordinaria, debe estar formado polo menos por un 70% de persoas con algún tipo de discapacidade.

Os Centros Especiais de Emprego forman parte da Economía Social, encontrándose entre as entidades recoñecidas pola Lei da economía social de Galicia.

 

LEI XERAL DE DISCAPACIDADE

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

A Lei Xeral dos dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social establece unha cota de reserva de postos de traballo para persoas con discapacidade, para todas as empresas públicas e privadas, nos que o cadro de persoal este formado por 50 o máis traballadores. Estas empresas deben contar polo menos con un 2% de persoas traballadoras con discapacidade.

No caso de que as empresas non poidan cumprir coa cota de reserva a través da contratación directa de persoas con discapacidade, a normativa permite o seu  cumprimento a través das denominadas Medias Alternativas.


BOE - Real Decreto Legislativo 1/2013

Real Decreto Legislativo 1/2013, de 29 de noviembre, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley General de derechos de las personas con discapacidad y de su inclusión social.

MEDIDAS ALTERNATIVAS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


As medidas alternativas ás que poden acollerse as empresas actualmente son:


Contratar os servizos de un traballador autónomo con discapacidade ou  dun Centro Especial de Emprego para o abastecemento de materias primas, maquinaria, bens de equipo o calquera outro tipo de bens necesarios para o normal desenvolvemento da actividade mercantil.
   
Contratar os servizos dun traballador autónomo con discapacidade ou un Centro Especial de Emprego para a prestación de servicios alleos e accesorios á actividade normal da empresa.
   
Realizar doazóns a entidades sen ánimo de lucro que teñan como obxecto a integración social de persoas con discapacidade.
   
A constitución dun enclave laboral, previa subscrición dun contrato con un Centro Especial de Emprego.

 

En Emprego Social podemos axudarche coa solicitude do Certificado de Excepcionalidade e co cumprimento das Medidas Alternativas.

 

Emprego Social

Se desexas solicitar máis información non dubides en contactarnos