Emprego Social usa en su web cookies propias y de terceros con finalidades analíticas y estadísticas sobre cómo se usa su web y para mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias y basada en tus hábitos de navegación. Puedes aceptarlas todas pulsando “Aceptar”. Para más información y opciones para configurarlas o rechazarlas, pulsa en "Saber más".

   Saber máis - Aceptar.

QUEN SOMOS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Emprego Social é un Centro Especial de Emprego de Iniciativa Social,  coa experiencia e o talento necesarios para ofrecer servizos e produtos competitivos e de calidade, grazas ao esforzo diario de superación e constancia dos nosos traballadores e traballadoras. Isto permitiunos especializarnos na presentación de servizos de xardinería e limpeza viaria, e na produción de planta ornamental en viveiro, mantendo firme o noso compromiso social e co medio ambiente.

HISTORIA DE EMPREGO SOCIAL

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
APEM Asociación Pro Pro Enfermos Mentales
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

A Asociación Pro Enfermos Mentais de A Coruña "APEM" é unha entidade sen ánimo de lucro constituída en 1980, sendo a súa misión a de facilitar a recuperación, adaptación e integración social e laboral das persoas con enfermidade mental e prestar o apoio preciso as súas familias.

Conscientes da importancia da actividade laboral e coma unha das grandes pancas da inclusión social e comunitaria, especialmente nos colectivos máis desfavorecidos, persoas con diversidade funcional e máis concretamente nas persoas con enfermidade mental, APEM apostou por desenvolver un proxecto propio de integración laboral a través dunha empresa de economía social, adquirindo no ano 2004 o Centro Especial de Emprego “Jesús Bao, S.L.”, modificando a súa denominación social pola de “Emprego Social, S.L.U.”.

Posteriormente no ano 2013, Emprego Social obtivo a cualificación de Centro Especial de Emprego sen ánimo de lucro, figurando inscrita no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia baixo o número 36/GZ.

MISIÓN E VALORES

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Quen somos EMSO

A nosa misión é promover a integración laboral das persoas con diversidade funcional, procurando a súa formación e acceso ao  emprego, contribuíndo á mellora do seu benestar. Para logralo mantemos uns valores sólidos dende o comezo:


Calidade e respecto ao medio ambiente. Creemos en ofrecer sempre o mellor de nós, á vez que somos respectuosos có medio que nos rodea.
   
Confianza. Ofrecemos un servizo próximo e axustado ás necesidades dos nosos  clientes, sempre centrándonos nas persoas.
   
Valor social. O noso equipo é a alma da empresa, a súa  experiencia, talento e dedicación axúdannos  a seguir progresando.

 

En Emprego Social traballamos cada día para acadar a plena inclusión laboral das persoas con diversidade funcional e a igualdade de oportunidades, rompendo prexuízos e trasladando á  sociedade unha mensaxe inclusiva. Esta labor está orientada a lograr un maior recoñecemento por parte das empresas  e das administracións, das capacidades e aptitudes reais das persoas con discapacidade.