Emprego Social conta con máis de 15 anos de experiencia na produción e comercialización de plantas ornamentais de flor. Ademais nos últimos anos incorporamos a produción de planta aromática.
Para o desenvolvemento da actividade contamos con un invernadoiro de 1.500 m² de superficie, situado no Concello de Carral (A Coruña), onde producimos máis de 120.000 plantas anualmente.
O viveiro de Emprego Social naceu como unha nova liña de actividade dende o compromiso social da entidade, especializouse na floricultura de invernadoiro, centrándose na produción e venda dunha ampla gama de plantas e flores, que abastece a florerías, tendas especializadas e empresas de xardinería, a prezos competitivos e socialmente xustos.
Entre os xéneros máis representativos de especies producidas nas nosas instalación destacarían as seguintes:
|
Plantas ornamentais: begonia, caravel, cineraria, crisantemo, delosperma, gazania, xeranio, hedra, lavanda, lobelia, lobularia, margarita, pensamento, petunia, surfinia, taxete e verbena.
|
|
|
|
Plantas aromáticas: cilantro, estragón, herba luisa, manzanilla, melisa, menta, orégano, perexil, romeiro, ruda, salvia, santolina, tomillo e valeriana. |
En cumprimento da normativa en vigor, a empresa está inscrita nos correspondentes rexistros administrativos, tanto en el Rexistro de Produtores de Sementes e Plantas de Viveiro, como no Rexistro Oficial de Produtores, Comerciantes e Importadores de Vexetais, co número de inscrición ES11154071, para a emisión do pasaporte fitosanitario.